DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores, 25 de Novembro, celebramos esta conmemoración. Para iso nas nosas aulas levamos a cabo varias propostas e actividades con un obxectivo moi claro: concienciar ao alumnado de que non debemos permitir ningún tipo de VIOLENCIA NIN CARA A NÓS NIN CARA OS DEMAIS.

Ademais, tamén tivemos a sorte de contar coa visita de Maruxa, unha contacontos, que achegou aos máis pequenos do colexio a este concepto.

Picade aquí para ver algunhas imaxes.

E abaixo un vídeo dun dos momentos que máis nos gustou desta visita. Credes que fomos capaces de soster o globo sen que caese ao chan?
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario