VISITA DE MARÍA CANOSA
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ademais, tamén tivemos a sorte de contar coa visita de Maruxa, unha contacontos, que achegou aos máis pequenos do colexio a este concepto.
Picade aquí para ver algunhas imaxes.
E abaixo un vídeo dun dos momentos que máis nos gustou desta visita. Credes que fomos capaces de soster o globo sen que caese ao chan?
VISITA ESTEFANÍA PADULLÉS
Os nenos e as nenas de EI e 1º e 2º de EP contamos coa visita desta magnífica escritora e ilustradoa de contos infantís.
Quedamos asombrados de como foi contando e pintando un conto marabilloso.
CONCURSO DE CABAZAS - SAMAÍN
Ola familias, como sabedes o xoves decoramos cabazas nas nosas aulas.
Para que podades ver as de todos os nosos compañeiros e compañeiras propoñémosvos un concurso. Para iso, xa está habilitado na aula virtual un apartado de CONCURSO DE CABAZAS que é onde tedes que facer a votación: será anónima e unha vez por persoa (so podedes votar unha vez).
Cada neno e cada nena poderá votar por unha cabaza de cada aula, excepto polas cabazas da súa aula.
Para isto, como vedes, asignamos un número a cada cabaza. E así de cada fotografía (excepto da que pertence á vosa aula) deberedes escoller a cabaza que máis vos gusta e indicar ese número na aula virtual.
A votación estará activa ata o vindeiro xoves día 5.
Picade nas imaxes para ver as fotografías máis grandes.
Moitas grazas e moita sorte a tod@s!!
DÍA DA BIBLIOTECA
Onte, 24 de outubro, celebrouse o Día da Biblioteca que, este curso, como sabedes ten como temática Xeografías lectoras na biblioteca.
E aquí están os nosos recunchos favoritos de As Somozas para ler.
Recordade sempre que LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS.
DÍA DA BIBLIOTECA
Esta é a proposta que nos fai Roque para celebrar este día, que ten como temática XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Quedamos á espera dos vosos recunchos favoritos.
VISITA DE OS BOLECHAS
BENVIDOS!!!
Que ganas tiña de escoitar as vosas risas, as vosas voces, as vosas lecturas,...
Estamos ante un curso con moitas normas novas en todos os espazos do colexio, pero xa vexo que vos adaptastes moi ben. SODES UNS CAMPIÓNS!!!
Eu tiven moito tempo para pensar e, pouco a pouco, ireivos dando conta dalgunhas ideas que espero vos gusten.
De momento disfrutade da lectura, pois os vosos libros estaban esperando por vós!
Roque.
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Aquí vos deixo algúns vídeos para que reflexionedes.
OS CONTOS DE HOXE SON...
1.- PULGA E XIGANTE
ALGÚNS CONTOS...
RICARDO CARBALLO CALERO
ESCAPE ROOM
Picade nos seguintes enlaces.
DIARIO DE UN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE
Este documento permite que interactuedes aprendendo teoría, buscando recursos, debuxando, fotografando e moitas cousas mais de xeito lúdico, co único obxectivo de traballar as vosas emocións nestes tempos.
Non é necesario que o imprimades. Podédelo facer de xeito visual e oral falando coas vosas familias que tamén é importante para expresar os nosos sentimentos.
Tan só vos pido un traballo, tanto aos de Infantil coma aos de Primaria: nun folio en branco co título de “A cápsula do tempo” tedes que escribir ou debuxar como pensades que vai ser o curso que ven. Unha vez feita a actividade tédela que mandar ao meu correo: slconde@edu.xunta.es ou as vosos mestres para que a garden ata setembro. Preferiblemente mandádea antes de rematar o curso que as gardaremos nunha caixa.
Iniciado o curso falaremos do tema e leremos todo o que puxestedes…
Picade en DIARIO DE UN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE
UNHA DE CONTACONTOS
SEMANA DO LIBRO
Para iso, cada un de nós gravou un pequeno vídeo onde recomendábamos algún dos nosos libros favoritos.
TOPITO TERREMOTO
Quen coñece este conto?
Ademais do conto tamén vos deixa un xogo de atención. Pasádeo ben!
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
RECEITAS DIVERTIDAS E SAUDABLES
CONTOS CANTADOS E MÁIS CONTOS...
CONTOS PARA RIR
Nalgún precisan da vosa axuda, para que?
A descubrilo e a pásalo ben.
UN CONTO CON PAPIROFLEXIA
SEGUIMOS COA PANDEMIA DE CONTOS
Cada día un conto novo e aquí vos deixamos os que compartiron ao longo desta semana.
PANDEMIA DE CONTOS
Estes días, o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) está compartindo varios contos para levar mellor o #euquedonacasa.
Aquí vos deixamos algúns e estade moi atentos porque, ao longo destes días, publicarán máis.
VISITA CARMEN CONDE
6º CONTO DO CONCURSO
Foi o conto de Pétala; un conto para reflexionar sobre a importancia da auga e o coidado do noso contorno.
Picade no vídeo para ver algunha fotografía deste momento.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Para iso, cada un de nós, escribiu un verso e fixo un debuxo.
Logo gravámonos recitando este verso e elaboramos este libro que formará parte da nosa biblioteca.
1, 2, 3 ¡A contar cacas!
SAN VALENTÍN
MÁIS CONTOS NOVOS
5º CONTO DO CONCURSO
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
SORPRESAS CREATIVAS
Velaquí algunhas fotografías do ben que o pasamos creando, compartindo, aprendendo, xogando,...
4º CONTO DO CONCURSO
Leron o conto de "¿Y si un triceratops...?", un dragón cunhas características moi peculiares que nos describiron moi ben estes rapaces.
Picade no vídeo e xa veredes que ben o fixeron.
GRUPO VOCAL "ENTRELAS"
Tivemos a sorte de poder escoitar varias cancións nas súas voces que fixeron vibrar as paredes da nosa biblioteca. Impresionante como estas rapazas cantaban sen acompañamento musical.
Que atentos estivemos e cantas dúbidas nos xurdían acerca de como aprenderan a cantar así de ben, canto tempo ensaiaban á semana ou como se coñeceran. Todas estas preguntas foron contestadas por estas rapazas, as que todas elas teñen algo en común: a súa paixón pola música. Isto é o que fai que sigan unidas e facendo o que lles gusta.
MOITAS GRAZAS RAPAZAS!