DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O venres celebramos esta conmemoración. Para isto, durante toda a semana, nas nosas aulas estivemos preparando os nosos desexos da paz, o que máis desexamos ben vos podedes imaxinar que é. Mirade!

Ademais, na páxina web do centro, podedes ver os vídeos dunhas danzas que preparamos co profe Manuel e que interpretamos para os nosos compañeiros e compañeiras no patio. 
          

1º CONTACONTOS: O PAÍS DOS MANDÓNS

Pois como anunciamos, puxemos en marcha o concurso de contacontos: Anxo, Izán e Manuel contaronnos este conto, de maneira virtual, ao resto das aulas. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "1º CONTACONTOS".


CONTACONTOS BIBLIOTECA

Como cada venres, os nenos e as nenas de Educación Infantil fomos á biblioteca, pero ao chegar alí... Picade na imaxe para ver que pasou.

 

Tal e como podedes comprobar, os nosos compañeiros e compañeiras van axudarnos encantados. Iso si, comprobamos que lles gustan os retos, así que os vosos desexos son ordes para nós: faremos un concurso a través da aula virtual.

Por suposto os nenos e as nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria están invitados a estas sesións de contacontos virtuais que, como todos os anos, se realizarán os venres.

Así que comezamos e con moita intriga, pois ata o venres non descubriremos quen serán os primeiros contacontos deste curso.

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIR@S!!!