QUE BONITOS SON OS LIBROS....... PÓDENSE VER, LER, CONTAR E ATA BAILAR!!!





 Aquí estamos un ano máis con moita ilusión e con moitas ganas de facer todas as actividades que nos propoña ROQUE.

E para empezar ROQUE quere darvos abenvida a todos e todas e en especial aos nenos e nenas que chegan ao cenrtro por primeiro ano. VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


5º CONTACONTOS: RUÍDOS, SOMBRAS E MEDOS

Pois esta semana tocoulles a Iván e a Mariana contárnolo conto. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "5º CONTACONTOS".


 

4º CONTACONTOS: A QUE SABE A LÚA

E desta volta tocoulles a Iago e a Sofía contárnolo conto. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "4º CONTACONTOS".

PROPOSTA PARA O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Nas nosas aulas estamos a traballar sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Por iso, o venres os nenos e as nenas, levarán un agasallo para vós, familias.

Propoñémosvos que quitedes unha fotografía no momento en que recibides o agasallo e logo a subades á aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS.

Na vindeira semana, con todas as imaxes faremos unha montaxe que, logo, compartiremos con todos vós na páxina web.

MOITAS GRAZAS!


3º CONTACONTOS: A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERO AQUILO NA SÚA CABEZA

Este venres tocoulles a Mateo e a Estela contárnolo conto. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "3º CONTACONTOS".

 


2º CONTACONTOS: LA FEA DURMIENTE

Este venres tocoulles a Marco e a Estela contárnolo conto. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "2º CONTACONTOS".



DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O venres celebramos esta conmemoración. Para isto, durante toda a semana, nas nosas aulas estivemos preparando os nosos desexos da paz, o que máis desexamos ben vos podedes imaxinar que é. Mirade!

Ademais, na páxina web do centro, podedes ver os vídeos dunhas danzas que preparamos co profe Manuel e que interpretamos para os nosos compañeiros e compañeiras no patio. 
          

1º CONTACONTOS: O PAÍS DOS MANDÓNS

Pois como anunciamos, puxemos en marcha o concurso de contacontos: Anxo, Izán e Manuel contaronnos este conto, de maneira virtual, ao resto das aulas. Picando na imaxe podedes ver que ben o fixeron.

O concurso xa está aberto na nosa aula virtual, no apartado de ACTIVIDADES XERAIS. Todos deberedes ir a ese apartado e picar enriba de "1º CONTACONTOS".


CONTACONTOS BIBLIOTECA

Como cada venres, os nenos e as nenas de Educación Infantil fomos á biblioteca, pero ao chegar alí... Picade na imaxe para ver que pasou.

 

Tal e como podedes comprobar, os nosos compañeiros e compañeiras van axudarnos encantados. Iso si, comprobamos que lles gustan os retos, así que os vosos desexos son ordes para nós: faremos un concurso a través da aula virtual.

Por suposto os nenos e as nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria están invitados a estas sesións de contacontos virtuais que, como todos os anos, se realizarán os venres.

Así que comezamos e con moita intriga, pois ata o venres non descubriremos quen serán os primeiros contacontos deste curso.

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIR@S!!!