CONCURSO DE CABAZAS - SAMAÍN

 Ola familias, como sabedes o xoves decoramos cabazas nas nosas aulas.

Para que podades ver as de todos os nosos compañeiros e compañeiras propoñémosvos un concurso. Para iso, xa está habilitado na aula virtual un apartado de CONCURSO DE CABAZAS que é onde tedes que facer a votación: será anónima e unha vez por persoa (so podedes votar unha vez). 

Cada neno e cada nena poderá votar por unha cabaza de cada aula, excepto polas cabazas da súa aula. 

Para isto, como vedes, asignamos un número a cada cabaza. E así de cada fotografía (excepto da que pertence á vosa aula) deberedes escoller a cabaza que máis vos gusta e indicar ese número na aula virtual. 

A votación estará activa ata o vindeiro xoves día 5. 

Picade nas imaxes para ver as fotografías máis grandes. 

Moitas grazas e moita sorte a tod@s!!



DÍA DA BIBLIOTECA

Onte, 24 de outubro, celebrouse o Día da Biblioteca que, este curso, como sabedes ten como temática Xeografías lectoras na biblioteca. 

E aquí están os nosos recunchos favoritos de As Somozas para ler. 

Recordade sempre que LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS. 

DÍA DA BIBLIOTECA

Esta é a proposta que nos fai Roque para celebrar este día, que ten como temática XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. 

Quedamos á espera dos vosos recunchos favoritos. 

 

VISITA DE OS BOLECHAS

Un curso máis, contamos coa visita de Os Bolechas.

Este ano viñeron á aula de 3º e 4º de Educación Primaria para presentar a nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do 112. 

Velaquí vos deixamos algunhas imaxes onde podedes observar que, á vez que aprendiamos, o pasábamos xenial.