Dende o Departamento de Orientación propóñennos este material e esta actividade que compartiu @t_ilusiona na web de Orientación Andújar.
Este documento permite que interactuedes aprendendo teoría, buscando recursos, debuxando, fotografando e moitas cousas mais de xeito lúdico, co único obxectivo de traballar as vosas emocións nestes tempos.
Non é necesario que o imprimades. Podédelo facer de xeito visual e oral falando coas vosas familias que tamén é importante para expresar os nosos sentimentos.
Tan só vos pido un traballo, tanto aos de Infantil coma aos de Primaria: nun folio en branco co título de “A cápsula do tempo” tedes que escribir ou debuxar como pensades que vai ser o curso que ven. Unha vez feita a actividade tédela que mandar ao meu correo:
slconde@edu.xunta.es ou as vosos mestres para que a garden ata setembro. Preferiblemente mandádea antes de rematar o curso que as gardaremos nunha caixa.
Iniciado o curso falaremos do tema e leremos todo o que puxestedes…
Picade en
DIARIO DE UN EMOCIONANTE SUPERVIVENTE