UN CONTO CON PAPIROFLEXIA

Este conto está feito con papiroflexia (tamén chamado Origami, "dobrar papel"). 

Esta arte consiste en dobrar e desdobrar un papel coa axuda das mans ata formar unha figura. É moi entretido e invitámosvos a que o intentedes. Veredes que podedes facer miles de figuras. 


SEGUIMOS COA PANDEMIA DE CONTOS

Ola nenos e nenas! Ola familias. Seguimos coa pandemia de contos que estes días está compartindo con nós o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega). 

Cada día un conto novo e aquí vos deixamos os que compartiron ao longo desta semana. 


                                 


O PAÍS DOS VIRUS

E aquí unha sorpresa!!!!

Esperamos que vos guste.



PANDEMIA DE CONTOS

Ola rapaces e rapazas! Hoxe é venres e non podemos ir á biblioteca do noso colexio, pero non por iso deixaremos de soñar cos contos.

Estes días, o Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) está compartindo varios contos para levar mellor o #euquedonacasa.

Aquí vos deixamos algúns e estade moi atentos porque, ao longo destes días, publicarán máis.


                                  


VISITA CARMEN CONDE

Na nosa biblioteca contamos coa visita de Carmen Conde para realizar un obradoiro no que puxemos en práctica varias técnicas de Gianni Rodari. 

Aquí vos deixamos algunhas fotografías. 

6º CONTO DO CONCURSO

Arón, Mirian e Estela léronnos o seguinte conto do concurso.

Foi o conto de Pétala; un conto para reflexionar sobre a importancia da auga e o coidado do noso contorno.

Picade no vídeo para ver algunha fotografía deste momento.