DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Estes días no colexio tamén estivemos preparando o Día de Rosalía de Castro, que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. 

Para iso, cada un de nós, escribiu un verso e fixo un debuxo.

Logo gravámonos recitando este verso e elaboramos este libro que formará parte da nosa biblioteca. 



1, 2, 3 ¡A contar cacas!

Á volta das vacacións de Nadal, na aula de Educación Infantil apareceu este conto e desde aquela, case todos os días o lemos. 

Por iso llelo quixemos ensinar aos nosos compañeiros de Educación Primaria, para que nos axudaran a contar as cacas dos animais.


SAN VALENTÍN

O venres pasado, a nosa mascota Roque propúxonos celebrar este día dunha maneira moi especial. 

Cada neno e cada nena escribiu, nun corazón, palabras, frases, versos, rimas,... adicadas a unha persoa que considerarán especial polo ben que se portaba con eles, polo cariño que lles amosara,... 

Houbo quen lle escribiu a alguén da súa familia, aos seus compañeiros, aos mestres,... 

Con todos os nosos corazóns decoramos a nosa árbore e velaquí que bonita nos quedou. 


MÁIS CONTOS NOVOS

Comos vos contamos fai uns días, á nosa biblioteca sempre chegan novidades e aquí unha mostra das últimas. 

Ademais decoramos o recuncho de novidades con este crebacabezas feito entre todos. Gústavos?



5º CONTO DO CONCURSO

Manuel, Mariana e Sofía fixéronnos pasar un anaco agradable coas adiviñas que nos propuxeron para o seu contacontos. 

De cada curso, ían pedindo voluntarios que eran os encargados de facer mímica para que os demais acertaramos de que animal se trataba. 

Fixéronno moi ben estes axudantes e nós estivemos moi atentos... pois adiviñámolos todos. 

Os seus presentadores foron Andrea e Adrián, de 1º e 2º de Educación Primaria. 


DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado xoves, 30 de Xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

Para iso, fixemos un mural entre todos e máis aprendemos esta canción. 

Escoitade, xa veredes que ben cantamos.



SORPRESAS CREATIVAS

A nosa mascota Roque nunca deixará de sorprendernos e a biblioteca comeza a quedarse pequena con tantos recursos como nos trae. 

Desta volta agasallounos con pezas de Lego para que botemos a andar a nosa imaxinación e creatividade nos recreos chuviosos.

Velaquí algunhas fotografías do ben que o pasamos creando, compartindo, aprendendo, xogando,...