COMEZO DO CONCURSO "VIVINDO OS CONTOS"

Cada venres, na nosa biblioteca, terá lugar un novo concurso, como o do ano pasado. Cada día, dous ou tres nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, dramatizárannos un conto. 

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de Educación Primaria serán os presentadores. 

O concurso comezou este venres cunha dramatización dos nenos e das nenas da aula de Educación Infantil, quen dramatizaron un conto sobre as pantasmas. 

Velaquí podedes ver o ben o que fixeron e que guapos ían coas caretas de pantasma que confeccionaron. 



VISITA DE BRAULIO, DE OS BOLECHAS

O día 24 de outubro, Día da Biblioteca, os nenos e as nenas de Educación Infantil, contamos coa visita de Braulio, de Os Bolechas. 

Visitounos para gravar un capítulo de Brauliotuber para a TVG. Que ben o pasamos con Jaime e Rubén e, por suposto, con Braulio, quen nos fixo unha entrevista sobre "As artes". 

Teredes que agardar un pouquiño para ver as nosas respostas. Xa vos avisaremos cando o emitan, pero xa vos adiantamos que soubemos responder a todas as súas preguntas e que os micrófonos e as cámaras se nos dan moi ben.

Moitas grazas pola visita. Deica logo! 


PREPARANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

O vindeiro xoves 24 de outubro celebrarase o Día da Biblioteca e no noso centro, xunto coa nosa mascota Roque, estamos a preparar varias actividades para ese día.

Velaquí vos ensinamos unha pista. Que será?