NOVIDADES

Á nosa biblioteca chegaron varias novidades durante o mes pasado e esperamos que cheguen máis durante os vindeiros días.

Sempre colocamos as novidades na entrada da biblioteca para informar a todos os usuarios. 


3º CONTO DO CONCURSO

Esta vez tocoulles a Cristian e a Iván e xa veredes que ben o fixeron.

Leron o conto de "Os cans de ribeira", uns cans un pouco argalleiros. 

Os seus presentadores foron Alonso e Irene, de 1º e 2º de Educación Primaria.

Picade no vídeo, vaivos gustar! 


DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro celebrase o Día Universal da Infancia. Para isto, os nenos e as nenas de Educación Infantil prepararon unha pequena representación dos dereitos que teñen os nenos e as nenas que lles ensinaron aos seus compañeiros de Educación Primaria.

Así tivemos que investigar acerca desta temática nas nosas bibliotecas e tamén nas nosas casas, pedindo axuda ás familias. 

Isto axudounos a tomar conciencia dos dereitos que temos como nenos, pero tamén a fomentar valores como empatía, respecto, igualdade, solidariedade,... xa que tamén temos uns deberes. 

Aquí podedes observar o ben que nolo explicaron os máis pequenos do colexio. 


2º CONTO DO CONCURSO

Os encargados do 2º conto foron Dany, Emilio e Brais de 3º e 4º de Educación Primaria; e as súas presentadoras foron Nerea e Sheila de 1º e 2º de Educación Primaria.

Contáronnos "A noite das mudanzas", un conto sobre unha granxa que estaba un pouco revolta, sabedes por que? Picade na imaxe para descubrílo e mais para ver que ben nolo fixeron pasar mentres nolo contaban.

Botamos unhas risas todos xuntos... Moitas grazas rapaces! 



1º CONTO DO CONCURSO

Este curso, as primeiras en lernos un conto foron Antía Todosantos, Antía Rodríguez e Sabela de 5º e 6º de Educación Primaria. Os seus presentadores foron Thiago e Javi de 1º e 2º de Educación Primaria. 

Léronnos o conto de "Mortina".  Picade no vídeo para ver que ben o fixeron. 

Ademais, ao rematar, déronnos un pequeno agasallo a cada un de nós. Moitas grazas, rapazas!


APADRIÑAMENTOS

Quedaba esta actividade por ensinarvos que tamén fixemos para celebrar o Día da Biblioteca.

Son os apadriñamentos que cada curso facemos no cole e que tanto nos gustan: o afán dos padriños e das madriñas en dar co conto correcto, a ansia dos afillados e das afilladas por descubrir que conto nos lerán...

Ademais, desta volta, foron contos de medo, pois estábamos nos días de celebración do Samaín.

Todo isto podédelo ver picando na seguinte imaxe. 


A NOSA ÁRBORE DE OUTONO

Outra das actividades que realizamos con motivo do Día da Biblioteca foi esta que vos presentamos. 

Cada neno e cada nena de Educación Infantil escolleu un froito típico desta época do ano e os nenos e as nenas de Educación Primaria escolleron adiviñas, poemas e receitas relacionadas co outono. Para isto levamos a cabo un traballo de investigación na biblioteca do centro. 

Logo plasmamos a nosa escolla en follas con diferentes formas e ensinámola aos nosos compañeiros. Se picades no vídeo podedes ver que ben nos quedou a nosa árbore outonal. 


COMEZO DO CONCURSO "VIVINDO OS CONTOS"

Cada venres, na nosa biblioteca, terá lugar un novo concurso, como o do ano pasado. Cada día, dous ou tres nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, dramatizárannos un conto. 

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de Educación Primaria serán os presentadores. 

O concurso comezou este venres cunha dramatización dos nenos e das nenas da aula de Educación Infantil, quen dramatizaron un conto sobre as pantasmas. 

Velaquí podedes ver o ben o que fixeron e que guapos ían coas caretas de pantasma que confeccionaron. 



VISITA DE BRAULIO, DE OS BOLECHAS

O día 24 de outubro, Día da Biblioteca, os nenos e as nenas de Educación Infantil, contamos coa visita de Braulio, de Os Bolechas. 

Visitounos para gravar un capítulo de Brauliotuber para a TVG. Que ben o pasamos con Jaime e Rubén e, por suposto, con Braulio, quen nos fixo unha entrevista sobre "As artes". 

Teredes que agardar un pouquiño para ver as nosas respostas. Xa vos avisaremos cando o emitan, pero xa vos adiantamos que soubemos responder a todas as súas preguntas e que os micrófonos e as cámaras se nos dan moi ben.

Moitas grazas pola visita. Deica logo! 


PREPARANDO O DÍA DA BIBLIOTECA

O vindeiro xoves 24 de outubro celebrarase o Día da Biblioteca e no noso centro, xunto coa nosa mascota Roque, estamos a preparar varias actividades para ese día.

Velaquí vos ensinamos unha pista. Que será?


QUEBRACABEZAS DE ROQUE

Roque deu a benvida aos nenos e ás nenas de Educación Infantil cun quebracabezas del. 

Pasárono xenial montando e desmontando a Roque e tamén levando, cada un, unha peza para a casa que debía traer ao día seguinte ao cole. Que divertido!

Agardando máis sorpresas túas, Roque! Que nos estará preparando?



BENVIDOS!

Iniciamos un novo curso e Roque ten moitas sorpresas preparadas para nós. 

A primeira delas foi o primeiro día de cole: propúxonos varios retos nos distintos espazos (biblioteca, comedor, aula de música, aula de inglés,...) que tiñamos que resolver para ir conseguindo as letras que conformaban as palabras: BENVIDOS e WELCOME.

Reto conseguido, Roque!