DÍA DA POESÍA


Roque e García Lorca invitáronnos a convertirnos en poetas, a xogar coas rimas e a dedicarlle un poema a algún compañeiro ou compañeira a cambio recibimos unha flor. 

DÍA DE ROSALÍA

O recital de poemas de Rosalía vén sendo unha actividade consolidada e moi ben acollida por todos os nenos e nenas.
 

Cada un deles elixiu o poema que máis lle gusta e compartiuno coa súa familia, co fin de achegar a todos os fogares o legado da nosa escritora máis internacional.

Ademais escribimos poemas ao redor da figura de Rosalía e logo expuxémolos nas fiestras do colexio, sumándonos así á actividade “Abrindo a fiestra”.