Roque e García Lorca invitáronnos a convertirnos en poetas, a xogar coas rimas e a dedicarlle un poema a algún compañeiro ou compañeira a cambio recibimos unha flor.
DÍA DE ROSALÍA
O recital de poemas de Rosalía vén
sendo unha actividade consolidada e moi ben acollida por todos os
nenos e nenas.
Cada un deles elixiu o poema que máis lle gusta e
compartiuno coa súa familia, co fin de achegar a todos os fogares o
legado da nosa escritora máis internacional.
Ademais escribimos poemas ao redor da figura de Rosalía e logo expuxémolos nas fiestras do colexio, sumándonos así á actividade “Abrindo a fiestra”.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)